Agora que tes uns días libres pode ser un bo momento para probar o Ubuntu ese do que tanto tempo levas oindo ou aprender algunha cousa máis, e este libro editado polo Concello de Dodro e a Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago é un compañeiro de excepción para esta nova aventura.

Ubuntu é un sistema operativo libre e de balde (pero de balde de verdade, nada de parches e números de serie) co que poderás facer todo o que fas normalmente e sacar o maior rendemento do teu computador. Ubuntu vén de serie cos programas básicos para facer as tarefas máis sinxelas (escoitar música, ver filmes, navegar por internet, redactar documentos, xogar e moito máis) e ademáis poderás instalar de forma sinxela e de balde unha lista interminábel de aplicacións de todo tipo.

Comezar con Ubuntu é a versión en galego do Ubuntu Manual, un proxecto de Benjamin Humphrey que fixo, coa axuda de ducias de voluntarios, que a guía para principiantes do sistema operativo Ubuntu estea dispoñíbel nunha chea de idiomas e cun formato agradábel e fácil de seguir.

Recordade que podedes probar a última versión de Ubuntu, a Lucid Lynx 10.10, no voso computador sen ter que facer ningún cambio nin borrar nada. Só descargándoo e copiándoo nun DVD ou un lapis de memoria. Pero seguro que no libro vén mellor explicado.

Páxina web | Descarga

  • Share/Bookmark