Webs

SurfGZ.com, as novas da praia

Chega o bo tempo e os surfeiros de todas as modalidades non tardan nin un minuto en coller as súas táboas e tirarse a facer piruetas nas frías augas do Atlántico.

Para todos os afeccionados a este deporte (nas súas diferentes variantes: surf, bodyboard, longboard, etc.) en SurfGZ.com poderán atopar toda a información sobre o seu hobby favorito e moito máis.

Creada por Kiko Campos, un vello coñecido da internet galega, na completísima páxina podemos atopar todo tipo de imaxes, vídeos e webcams, información metereolóxica e de marés, convocatorias de cursos, campionatos, eventos…, ademáis de novas sobre ciencia e ecoloxía.

Xa non tedes excusa! Así que ide correndo á praia a coller as ondas!

SurfGZ.com | Blogue |

  • Share/Bookmark

Os EUA secuestran Rojadirecta.org

O Departamento de seguridade nacional dos EUA mantén inaccesíbel o sitio Rojadirecta.org pasando por riba das decisións xudicias tomadas no estado español.

O popular sitio para ver eventos deportivos na rede (xa sexa mediante P2P ou en streaming), rojadirecta.org, que está administrado por Igor Seoane dende Oleiros (A Coruña), permanece fechado polas autoridades estadounidenses inda que a xustiza do estado español non atopase indicios de ilegalidade e arquivaran o caso despois dun xuizo levado a cabo en Madrid.

Inda que os dominios rojadirecta.org e rojadirecta.com están fóra de servizo o sitio segue a ser accesíbel dende rojadirecta.es, rojadirecta.me ou rojadirecta.in, entre outros.

Casos como o de rojadirecta.org e outros vividos recentemente arredor do mundo amósannos que inda queda camiño para acadar unha rede 100% neutral.

Vía: Código Cero

Rojadirecta | Twitter

  • Share/Bookmark

Jódete y baila

Jódete y baila é o nome do blogue que o grupo Novedades Carminha veñen de inaugurar no xornal Público.es.

Nesta nova fiestra do grupo poderemos seguir as súas aventuras no exilio madrileño, éxitos e fracasos. Ademáis recomendarán música, presentarán xente interesante e poderemos estar ó tanto de todo o referente ó novo disco que está a preparar.

Vía: On The Rocks

  • Share/Bookmark

Chega Conachán! [NMNT]

Esta entrada é para todos aqueles que coma min non teñan ponte e se aburren no traballo.

Conachán é a versión galega de 4chan [NMNT], os creadores de internet e do 90% da información que vemos. De 4chan naceron a práctica totalidade dos memes de internet e que vemos repetidos unha e outra vez en Conachán.

O funcionamento de Conachán é ben sinxelo: de forma anónima pos unha imaxe (canto máis provocativa, noxenta e ferinte mellor), un breve comentario e esperar a que alguén responda con outra imaxe ou insultos.

O sitio leva en funcionamento menos de un mes e é difícil saber a cantidade de usuarios que participan, pero co tempo veremos se foi só moda duns días ou se serán capaces de facer algo propio e crear os seus memes.

Conachán |

  • Share/Bookmark

Mallando na e-ira cumpre un ano

O blogue de ciencia e tecnoloxía Mallando na e-ira cumpre un ano.

Movidos pola busca de respostas ó porqué de todas as cousas este grupo de amigos decidiu fai un ano deixar por escrito as respostas a esas dúbidas que ían atopando.

No blogue podemos atopar entradas relacionadas con multitude de temas: Android, lingüística, construcción, enerxía, historia da ciencia, mecánica, experimentos, etc.

Polos meus gustos persoais a miña serie de entradas favorita é a que lle adican a Nicola Tesla, científico, inventor, enxeñeiro e mente preclara do século XX.

Feliz aniversario e a seguir cumprindo moitos anos máis!

Blogue | Twitter |

  • Share/Bookmark

A curta Illa Pedra estrea blogue

Illa Pedra é unha curtametraxe dirixida por Adriana Páramo inspirada en textos de Lara Dopazo.

Como ben explican no blogue: Illa Pedra nace como proxecto de graduación do Máster de dirección cinematográfica da London School of Cinema. O seu xerme é o poemario Dende Illa Peixe de Lara Dopazo. A pesares de ser un traballo de escola, a través das experiencias vividas Illa Pedra convírtese nalgo moito máis grande que só pode ter sido posible gracias á familia, amigos e equipo que uniron esforzos, amor e paciencia para embarcarse nesta curta. Illa Pedra é amizade, cariño, pedra, familia, Galicia, pero, sobre todo, ese sentimento inexplicable da morriña.

No blogue poderedes atopar imaxes da rodaxe e moita máis información desta pequena xoia en forma de curta interpretada, entre outros, por María Tasende e Nerea Barros.

Illa Pedra estivo no Festival Internacional de Cinema de Ourense, onde recibiu os premios de Mellor actriz para María Tasende e o Premio do público á mellor curtametraxe. E segue a súa xira de festivais no Bragacine, festival que se celebra en Braga do 8 ao 11 de novembro.

Non deixedes de seguir o blogue para saber se podedes desfrutar da curta nalgún sitio preto de vós.

Illa Pedra |

  • Share/Bookmark

O dicionario en internet Digalego pasa a ser de pago

Dende este mes de outubro o dicionario en internet Digalego, da editorial Ir indo, deixará de ser de balde para ser só accesíbel con subscripción.

Por 19′90 ouros ó ano poderás acceder a un completo dicionario con etimoloxías, equivalencias en portugués, castellano, inglés e alemán.
Con sinónimos, antónimos e variantes e conxugacións de verbos. Ademáis pódese buscar partindo de entradas en portugués, castellano, inglés e alemán e pódese acceder dende o móbil.

Ademáis a subscripción inclue tamén acceso completo á Enciclopedia Galega Universal.

Quedamos sen xornais, quedamos sen dicionarios…

  • Share/Bookmark

chuza! está de volta

einstein-chuza

Despois de que o 24 de xullo Berto Yáñez, creador de chuza!, fechara a páxina esta fin de semana pasada voltou a abrir, desta volta da man dunha asociación, a Asociación Chuza.

Para os que inda non a coñezan chuza! é é un sitio de novas galegas que emprega un control editorial non xerárquico. Calquera pode enviar historias e a comunidade de internautas é quen as valora, as comenta e decide se publicalas na páxina principal, de forma que non intervén nunca a figura do editor.

Así de sinxelo! Os usuarios rexitrados envían as novas que desexan compartir (seguindo unha serie de normas) e os usuarios que queiran poden votar esa nova positiva ou negativamente.

En menos de unha semana de actividade a nova versión de chuza! xa ten case 300 usuarios, pero inda está lonxe dos máis de 2.000 que tiña a anterior.

A nova chuza! ten pequenos detalle e melloras que a diferencia da vella e anuncia máis melloras en breve (como unha versión en norma AGAL).

Para facerse unha idea nada mellor que rexistrarse e empezar a votar, publicar, comentar, chiar…

  • Share/Bookmark

C’mmonsbaby cumpre 3 anos

Uxío Broullón é un ilustrador que na súa identidade secreta na rede realiza o falangullo de músicas ceibes C’mmonsbaby, que cumpre 3 anos.

En C’mmonsbaby teñen cabida grupos e sollistas pop e rock no máis amplo sentido. O único que teñen en común esta escolma de músicas de todo o mundo é que os seus autores as comparten baixo unha licenza Creative Commons (ou similares).

Dende fai pouco (só leva dúas entregas) tamén realiza un outro falangullo con amósegas de todas aquelas músicas, tamén Creative Commons, que quedan un pouco fóra da etiqueta pop-rock e que se chama Fóra de tono.

Para celebrar este terceiro aniversario sortea unha camisola e unha chapa entre aqueles que envíen un saúdo gravado para o programa e dicindo o grupo CC que máis lles gusta, co que Uxío confeccionará a playlist do podcast de “cabodano”. Participade!

Blogue/Podcast | Twitter

  • Share/Bookmark

Santiago Turismo renova por completo a súa páxina web

A web oficial de turismo do Concello de Santiago de Compostela vén de renovarse por completo. Ademáis do patente cambio de imaxe (antes as cores predominantes eran o negro e o laranxa, agora son o branco e o verde) a páxina levou unha renovación integral dos seus contidos, ademáis de achegarse de forma decidida ás redes sociais.

Unha das primeiras cousas que chaman a atención, ademáis das imaxes do banner principal, é a disposición en vertical da portada, unha característica que teredes visto en xornais dixitais por aí adiante.

A conectividade con redes sociais (Facebook, Twitter, YouTube, Flickr ou TripAdvisor) vese complementada ca posibilidade de resolver dúbidas directamente vía Skype.

A páxina está recén estreada e ten ducias de utilidades para explorar. Outra cousa xa ben distinta é ese lema chanante que é “Santiago é grande”.

Non está mal, agora que remata o Xacobeo…

  • Share/Bookmark